Sinopse (Trailer da obra)

¿Quén dende neno ou nena o carón do lume , dunha noite de treboada , non escoitou historias fantásticas da Santa Compaña?. Ven … aquel , pero quitando o amargado. ¿Quen non has escoitou?. Que sí …que o xordo obviamente tampouco.¿ Pero ídesme deixar contar o choio ou ides estar molestando?…iso está mellor. Hai algo nas historias de terror que nos fai voltar a sentirnos asustados, voltar a sentirnos coma cando eramos nenos , protexidos do mundo pola soa presencia dos nosos dous pais…ou da nosa nai.
Sobre a Santa Compaña teño escoitado falar  ao farmaceutico  que a mirou de lonxe, o médico e a homes e mulleres de seriedade inmaculada falar da Santa Compaña con respeto e certo temor. Pero claro tamen os teño escoitado falar con temor da Guardía Civil.
 Pero para coñecer a verdade, nada mellor que falar con Chicho ou coa sua muller Minia.Eles descubriron no episodio que vostedes estan apunto de contemplar que hai cousas mais alá da vida e da morte, cousas que te poden matar …do riso.
Por iso para presentarlles esta obra co respeto que merece decidín meterme un polvorón na boca. “Fffseñodas e fffseñodes ffffchixo e a ffsssanta compaña”.
Por certo…se hai alguen que non crea nesta historia pódelle preguntar ao Iker Jiménez que distas cousas sabe moito.

Fdo:  A Empresa

 

 

 

 

Benito e Varela, íntimos dende nenos, tomando unhas tazas chegan a un acordo tácito que rubrican tomando a derradeira taza: “O primeiro que chegue a ter éxito no mundo do cine levará ao outro “. Varela faise un famoso director a escala mundial. Un bó día Benito entérase que este fai un “casting” para escoller ó actor principal da súa próxima superproducción e preséntase sen que Varela teña coñecemento da súa presenza. Así comenza a trama dun home que procura dar todo de sí para ter o papel da súa vida.

Autor:  Xulián R.Novo
Adaptación:  Fran Peleteiro – X.M.Conde
Actor:  Xosé Manuel Conde
Dirección:  Fran Peleteiro
Produción:  Lambríaca, S.L.
Deseño de Escenografía:  Xulio Cela
Vestiario:  Lambríaca, S.L.
Música:  María Xosé López
Montaxe Musical:  Alexandre Piñeiro
Deseño Gráfico:  Roi Cagiao
Deseño de Iluminación:  Xosé M. Conde
Equipo Técnico:  Alexandre Piñeiro

 

 

 

 

OS CLOCLÓ

(A arte de vivir pola cara)

OS MOZOS, OS ADULTOS E O MAIS VELLO…Tres xeracións unidas por unha soa idea: Vivir pola cara e sen traballar.

Esta comedia convirte a estes personaxes en heroes dentro dun mundo cheo de tiburóns, que aprobeitan a mínima para facernos a vida imposible, e dicir, sen traballo, sALARIOS ridículos, horarios escravizantes, etc…

Eles son o punto desternillante que abre os nosos ollos a unha forma de vivir nada convencional, pero…a eles vailles ben en tódolos sentidos…¿ Ou acaso non?...

¿Vivir pola cara é tan doado como semella?

Non perdas esta comedia ¡pode ser a solución dos teus problemas!

Fdo: Os clocló

Chicho e a santa compaña

Texto : Idea Orixinal : Xosé Manoel Conde

Autor: Xosé Manoel Conde
Coa colaboración de : José M.Gómez Sanchez

Actores: Humy Donado
Xulio Cela
Fran Peleteiro
Xosé M. Conde

Dirección: Xoan Abreu

Axudante Dirección: Xulián Rodríguez Novo, X.M.Conde

Producción: Miguel Ferreiroa

Deseño Escenografía: Xesús Codesido e Xulio Cela

Realización Escenografía: Xulio Cela e Xosé Miranda

Música: María Xosé López

Deseño vestiario: La Canalla

Montaxe musical: Alexandre Piñeiro

Deseño Gráfico: Roi Cagiao

Deseño iluminación: Lambríaca Producións, S.L e David Fernández.

Equipo Técnico: Nancy Djamena - David Fernández e Alexandre Piñeiro.

 

Agradecementos

Onoso agradecemento a Xulián R.Novo  pola sua impagable
Colaboración.

Actuacións 2010

Número de Visitas